A Ruta BTT dúas Encoros atravesa hoxe Cerceda

La Voz

CERCEDA

basilio belo

Partirá desde O Roxo, ás 9.30 horas con máis de 200 participantes.

20 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación impulsa hoxe a Ruta BTT dúas Encoros. Unha marcha de ciclismo de montaña de 62 quilómetros que atravesará os concellos de Cerceda, Ordes, Carral e Abegondo, tomando como referencia os encoros dos lagos das Encrobas, Vilaselín e Beche, cunha duración aproximada de catro horas. Partirá desde O Roxo, ás 9.30 horas con máis de 200 participantes.