Nenos que son unha xoia

La Voz

CEE

Dous alumnos do colexio ceense Eugenio López, finalistas do concurso do Colexio de Xoiaría de Galicia

28 abr 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

Mateo Paz Bergondo e Pedro Sánchez Vilar, de catro anos, alumnos do colexio Eugenio López de Cee e que aparecen na imaxe co seu profesor Julio Piñeiro, quedaron finalistas do concurso Deseña unha xoia para túa nai, que organiza o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. O premio para os gañadores, entre os colexios de toda a comunidade participantes, é que os xoieiros convertan en realidade ese deseño debuxado polos pequenos para as súas nais.