Doce entidades honraron a muiñeira na Praza do Concello de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Corenta e dous anos cumpriu esta xornada

02 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Corenta e dous anos cumpriu o Día dá Muiñeira de Carballo e onte máis de trescentos bailaríns pertencentes a doce entidades de distintos puntos de Galicia honraron de novo a tradición. Despois de percorrer varias rúas ata a Praza do Concello, onde desde sempre se celebra esta festa, comezou o acto. Abrírono Ferreñas Temperadas, pandeireteiras de Nemeth, a entidade organizadora. Arrincaron co Maneo de Bértoa.

Os membros da Banda de Gaitas Municipal foron os encargados de interpretar a peza central, a Muiñeira de Berdoias. Tocárona catro veces. A primeira foi para que os grupos escoitasen e o resto para que a bailasen. Entre unha e outra repetición as pandeireteiras Xoldreira interpretaron varias pezas, entre elas a Mazurca de Negreira de Vilamaior.

Antes da última volta, representantes de cada entidade recolleron agasallos realizados por Íntegro e a merenda para todos os participantes. Despois houbo actuacións xa sobre o escenario.