Deixa viúva e un fillo. O enterro será mañá xoves
27 mares 2024 . Actualizado ás 16:57 h.Anxo José Caamaño Bermúdez, de 51 anos, faleceu na súa casa de Entrecruces , Carballo. Deixa esposa, María del Carmen Torres Cebey, e un fillo, Sergio. Orixinario do municipio de Coristanco , residía na zona da Granxa, na parroquia carballesa. Un dos seus cuñados, José Manuel Torres, foi campión galego de caza menor. Tiña nove irmáns, dous dos cales tamén morreron.
O enterro será mañá xoves, con saída do tanatorio Bergantiños de Carballo ás once e cuarto da mañá cara á igrexa de Entrecruces.