Os xuvenís da Fogar, subcampións de España en dúatlon

m. r. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

.

Adrián Sancho, Anxo Bello , Iago Prada e Michel Núñez veñen de competir en Alcobendas, Madrid

26 mares 2024 . Actualizado ás 11:38 h.

Fin de semana exitosa para a Agrupación Deportiva Fogar, de Carballo e Oleiros. Sobre todo, polo título de subcampións de España de dúatlon para Adrián Sancho, Anxo Bello , Iago Prada e Michel Núñez, na categoría xuvenil masculina do nacional súper sprint e substitucións mixtas talento celebrado en Alcobendas, Madrid, onde concursaron seis atletas máis da entidade. Outros dous tomaron parte nunha das probas da Copa de Europa Júnior de tríatlon representando a Galicia .