Aprobado o proxecto de urbanización da parcela na que se ampliará o centro de saúde de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCIA

Tres leiras, afectadas pola primeira fase das obras para a vía que unirá o polígono de Bértoa coa avenida de Razo

26 mares 2024 . Actualizado ás 20:29 h.

A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou o luns o proxecto de urbanización da parcela destinada á ampliación de lcentro de saúde. O orzamento é de 173.623 euros, e o prazo de execución, de sete meses. Os afectados poderán consultar o expediente na sede electrónica do Concello  e terán dez días para posibles alegacións.

Tamén se aprobou, e neste caso definitivamente, o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de tasación conxunta para a execución da vía que enlazará o polígono de Bértoa coa rotonda da estrada de Razo. O expediente afecta a tres parcelas, con superficies de 203, 203 e 89 metros cadrados, respectivamente. O Concello estimou parcialmente as alegacións presentadas polo titular dunha das leiras. Os pagamentos faranse o 25 de abril, ás 11.00 horas, no consistorio.   

ANA GARCÍA

Entre os acordos tamén está a aprobación do programa Aprende a través do surfing, promovido pola Federación Española de Surf, no que participarán 390 escolares de primaria.  

Ademais, o goberno municipal iniciou os procedementos de contratación relativos ao renting de dous vehículos para a Policía Local, por un valor estimado de 95.254 euros para 48 meses, e das obras de aglomerado da vía de Arnados (Razo) a Sambade (Rebordelos), por 576.614 euros.