Dous novos grupos agrandan os clubs de lectura carballeses

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Un será para pequenos de 7 a 12 anos, xa completo, e outro para mocidade, con prazas aínda dispoñibles

03 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Ninguén diría vendo o caso de Carballo, mais así o din as estatísticas, que en España se le pouco. Fai esta reflexión o Concello ao fío da acollida que tiveron os dous clubs de lectura que hai actualmente en marcha para adultos, un na biblioteca Rego da Balsa de Carballo, dirixido pola escritora e xornalista Marta Villar, en galego e castelán, e outro centrado en obras en galego, dinamizado pola blogueira e libreira Belén Edreira, con sede de reunión no Museo de Bergantiños.

Non obstante, son aínda máis recentes outros dos clubs impulsados desde a área de Normalización Lingüística, Bibliotecas e Arquivos. Un será de lectura en galego para nenos de 7 a 12 anos, dinamizado pola mestra Sara Varela, e con reunión os segundos martes de mes na Rego da Balsa: están cubertas as prazas, pero pode anotarse en listaxe de agarda no 981 758 580. A este mesmo número se pode chamar —quedan prazas— para o club en galego para mozos de 13 a 17 anos: segundo venres de cada mes, ás 19.00, coa educadora social Ángela Criado.