Entre contos e obradoiros pasará este mércores 7 de febreiro

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Axenda diaria | María Irimia visita o mercado de Carballo cos seus «Contos miudiños»

07 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Carballo concentra dúas das propostas destacadas deste mércores 7 de febreiro, ambas as destinadas a público infantil e xuvenil. De mans do Servizo de Normalización Lingüística chegará á planta alta do mercado Marisa Irimia. Trae os seus Contos miudiños, para familias con bebés de 1 a 3 anos, e pases ás 17.00, 18.00 e 19.00. As prazas son limitadas, con reservas gratuítas no correo snl\carballo.gal. Doutro lado, a programación do Espazo Xove, na rúa Valle-Inclán, reserva para esta tarde unha sesión de decoración de entroido , con inicio ás 17.00 horas. O único requisito é ter entre 12 e 30 anos e anotarse. Por exemplo, vía WhatsApp a través do 672 017 171.