O gran sorteo de «Agasalla Nadal» será este sábado ás 12.00

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

cedida

A campaña repartiu numerosos premios

07 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Foron moitos os premios que a campaña de promoción do comercio local de Carballo repartiu estes días baixo o lema «Agasalla Nadal». No entanto, outros moitos, como varios comprimidos e catro paquetes de aloxamento e entradas ao Parque Warner serán sorteados este sábado ás 12.00 horas no Museo de Bergantiños.