Éxito rotundo da carreira de Vilaño

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

Ana Garcia

Os favoritos, Michel Antelo e Rocío Alvite, conseguen o podio na categoría absoluta

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Os favoritos, Michel Antelo e Rocío Alvite, conseguen o podio na categoría absoluta. A segunda carreira popular do Apóstolo, celebrada o sábado en Vilaño, foi todo un éxito. Contou coa participación de máis de 600 persoas. Ademais, a Andaina Saudable e Solidaria, que comezou máis tarde, encheu as rúas de cor de rosa e, grazas a iso, a Asociación Adro de Vilaño entregará un cheque de 600 euros a Cáritas da Laracha. Miguel Bardanca, único participante da categoría Handbike, provocou os aplausos do público á súa chegada á meta tras completar os 10 quilómetros.