Ampliación do parque infantil en Caión

La Voz

A Laracha

Cedida

As obras foron executadas polo Concello

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello da Laracha acometeu unha obra de mellora integral no parque infantil da Insua, Caión. O obxectivo, aumentar a superficie do recinto en 21 metros cadrados. O Concello instalou novos xogos, adaptados para menores de 5 anos, e un novo pavimento de caucho.