Máis de 30.000 euros en axudas para catro entidades deportivas da Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

É unha liña que concede a Deputación provincial

19 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación provincial destina 31.220 euros a catro entidades deportivas da Costa da Morte para financiar gastos en material e equipamento para desenvolver a súa actividade. Os beneficiarios son os seguintes clubs: Salvamento Acuático Laracha (10.200), Tiro Olímpico Laracha (11.000), Náutico de Muxía (4.900) e Rítmica Carballo (5.120).

As axudas desta liña superan en total o medio millón de euros na Coruña. Son 3.725.000 euros do Goberno coruñés dedicados este ano ao deporte, segundo lembrou o deputado da área responsable, Antonio Leira.