Caión pecha con Manuel Manquiña e Sabela Hermida o seu «Teatro con salitre»

M. L. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Sabela Hermida e Manuel Manquiña, hai uns días durante a súa función en Vimianzo
Sabela Hermida e Manuel Manquiña, hai uns días durante a súa función en Vimianzo BASILIO BELLO

O Abaladoiro | «Todo nunha noite» leva por título a peza teatral, que poderá verse esta noite no centro sociocomunitario

22 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Logo de pasar pola Casa da Cultura de Vimianzo, o popular actor e monologuista Manuel Manquiña recalará esta tarde-noite no centro sociocomunitario de Caión para pechar o programa «Teatro con salitre» e poñer en escena a súa nova montaxe.

Todo nunha noite, peza compartida coa actriz Sabela Hermida e posta en marcha a través da compañía Abismo Caracol, é «un pouco de metateatro», segundo dixo en Radio Voz o propio Manquiña, que é, ademais, o autor do texto. Un director de teatro reúnese, logo dunha entrega de premios, coa súa actriz fetiche, unha cómica que amosa a súa frustración por non ser recoñecida como intérprete dramática e á cal o director lle falará dunha nova montaxe.

Que agardar desta peza? Que non verán ao Manquiña de Era visto!, senón unha obra seria, a medio camiño entre o drama e a comedia. Hoxe, ás 21.00, acceso gratuito.