O BNG reúnese con empresarios pola variante de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BNG

Daniel Pérez, que vai de quinto pola Coruña, lembrou que o tráfico pesado ten que pasar pola zona escolar.

09 feb 2024 . Actualizado ás 10:59 h.

O candidato do BNG Daniel Pérez e o concelleiro de promoción económica de Carballo e vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, reuníronse onte con empresarios do polígono para tratar sobre a ampliación e a variante de Carballo o mesmo día en que a confederación de empresarios declaraba que a infraestrutura é «prioritaria para Galicia».

Daniel Pérez, que vai de quinto pola Coruña, lembrou que Carballo carece de chan empresarial e que o tráfico pesado ten que pasar pola zona escolar. Sinalou que comparte a reivindicación dos empresarios.

Pola súa banda, o candidato Óscar Insua, reuniuse onte cos membros do comité do Seaga para escoitar as súas inquietudes. Ademais, visitou o polígono do Allo, en Zas, xunto ao alcalde Lolo Muíño e á número 2 provincial, Mercedes Queixas.