A Barca, máis presente que nunca no Muxía

La Voz

CARBALLO

,

O club da Arliña presentou os seus novos equipamentos no emblemático santuario

21 novs 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O Muxía C. F. presentou os seus novos equipamentos. E fíxoo no Santuario da Barca, que está moi presente nestas novas pezas, aparecendo representado de fondo na camiseta, tanto por diante como por detrás. Xogadores e xogadoras do club fixeron de modelos.