Xoel López, Tamar Novas, Touriñán e Rober Adegas, en Carballo ¡Así foi o concerto do San Xoán!

Melissa Rodríguez
Melissa R. S. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Os actores e o cómico carballés foron os encargados de presentar ao cantante

25 jun 2023 . Actualizado ás 21:29 h.

Era un o gran artista invitado a subirse ao escenario do San Xoán carballés na noite do sábado. Con todo, aos poucos, ao comezo do concerto de Xoel López, saíron a escena os actores Tamar Novas e Xosé Antonio Touriñán, e o cómico carballés Rober Adegas. Os dous primeiros están gravando estes días en Malpica sériea Clans. O terceiro, xoga en casa. «Queriamos estar aquí nun día importante para el», dixeron cando tan só pasaban dous minutos das once.

Soou Terra, que di: «Eu soñaba cada día poder acadar a praia...». Acompañárono os seus catro músicos.

Con Home de ningunha parte, o público fíxolle os coros. Os alí presentes xa deron síntomas de estarllo pasando moi ben desde o inicio da actuación. Había xente chegada de todas partes da comarca e de fóra. Seguíronlle os temas Todo o que merezas e Pequeno jaguar danoite , ata que á media hora soou un dos seus éxitos: A Espiña da Flor no teu Costado, a melodía da serie A desorde que deixas.

O ritmo foi in crescendo e a xente empezou a saltar. Ningún home, ningún lugar e Lodo foron outras das cancións máis seguidas polos fans, de todas as idades. Tocou outras como Paxaro do demo, en colaboración con Baiuca, e mesmo se animou con Festa, de Joan Manuel Serrat. «Quería facer algo especial polo San Xoán. Será a primeira vez que a toquemos e seguramente a última [ri]. Desfrutádea!», comentou sobre esta última.

Hora e media durou o concerto do coruñés, que se despediu con Oxalá que chova café, de Juan Luis Guerra, e cunha exhibición de guitarra. Espectacular directo e incrible ambiente o vivido. O público quedou con ganas de máis.