Tres nomeados compartirán por primeira vez na historia o Premio Bergantiñán do Ano

CARBALLO

Así o decidiron as entidades votantes

02 abr 2016 . Actualizado á 20:00 h.

Por primeira vez na historia dos Premios Padroado Fogar de Bergantiños, serán tres os nomeados que compartan un premio, neste caso o Bergantiñán do Ano: son as xuntas locais da AECC de Bergantiños, Xelucho Abella e Senda Nova. Houbo catro roldas de votos. Da primeira caeu Peña Royal. Da segundo, Xesús San Luís Romero. Nas dous seguintes non houbo un candidato claro que cumprise os requisitos dos estatutos: é dicir, non houbo un desempate evidente que afastase a un dos nomeados dos outros dous. Nesa situación habería que declarar a categoría deserta (porque está estipulado que tres non poderían compartir un galardón), pero a organización ten a posibilidade de dar voz ás entidades votantes, que si optaron por outorgarllo aos tres e de forma totalmente unánime.