Comeza a pavimentación da contorna do cruceiro de Outeiro de Artes

RIBEIRA

CEDIDA

O firme está moi deteriorado e será substituído por granito

21 ene 2016 . Actualizado ás 16:47 h.

Os traballos de humanización da contorna do cruceiro de Outeiro, en Artes, xa están en marcha. Trátase dunha intervención sufragada con diñeiro do POS que implica un investimento próximo aos 58.000 euros. A rúa obxecto de actuación, pavimentada con aglomerado, está moi deteriorada. Este material será substituído por granito, de forma que garde uniformidade o espazo con outros limítrofes que se adecuaron de xeito recente. Así mesmo, aproveitarase para mellorar a rede de pluviais existente.