O Sergas adxudica as catro prazas de pediatra para Boiro, Ribeira, Rianxo e Mazaricos
RIBEIRA / LA VOZ
RIANXO
Dous especialistas máis chegarán ao hospital de Barbanza
19 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.A Consellería de Sanidade acaba de publicar, a través do DOG, a adxudicación definitiva por concurso de méritos das 58 prazas para pediatras de atención primaria e 12 para hospitais comarcais, que permitirá contar con novos facultativos nos centros de saúde de Ribeira (desplazable), Rianxo (quenda de mañá), Boiro (tarde) e Mazaricos (mañá), aínda que este último será compartido co ambulatorio da Baña; así como con dous máis no hospital de Barbanza.
Todos eles terán de prazo ata o próximo 19 de abril para incorporarse ao seu novo lugar de traballo, onde actualmente non había ningún especialista ou se estaba cubrindo a vacante con substitutos, xa que todos eles están considerados postos de difícil cobertura.