0003_202405B8C6991

Bombarda, San Roque e Demax, rivais do Jealsa Boiro Voleibol júnior masculino no nacional

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

CEDIDA

Os mozos debutarán o mércores 15 ás 10.00 horas

07 may 2024 . Actualizado ás 18:59 h.

O Jealsa Boiro Voleibol júnior masculino xa coñece aos rivais aos que se enfrontará no Campionato de España que disputará entre o 15 e o 19 deste mes en Zaragoza. O Bombarda aragonés, o Demax Clínic Fuentes andaluz e o San Roque canario serán os escollos a superar polos pupilos de Adrián Alves para avanzar da fase de grupos e coarse entre os 12 mellores equipos do país.

Os mozos de Boiro debutarán o mércores 15 ás 10.00 horas ante o Demax no pavillón Zuera. O segundo choque terá lugar o mesmo día ás 17.30 contra o San Roque. Pecharán a fase de grupo o xoves 16 ás 11.30 medíndose contra o Bombarda.

O Jealsa chega a Zaragoza como campión galego despois de derrotar POR 3-2 ao Emevé de Lugo na final disputada na Estrada. O monfortino Anier Mariño, do Boiro, foi nomeado mellor xogador.