As Pontes freoulle os pés a un Boiro que necesita volver marcar

Laura Ríos
Laura Ríos RIBEIRA

BOIRO

Os barbanceses naufragaron no seu intento de sumar puntos

25 mares 2024 . Actualizado ás 19:32 h.

O CD Boiro saltou onte ao seu propio campo coa esperanza de romper unha serie de partidos na que non lograron sumar puntos. A pesar das ganas dos xogadores, que demostraron sobre o céspede un bo dominio, a fortuna quixo que das oito oportunidades de tanto que xurdiron, ningunha fose un gol.

Os que si marcaron foron os seus rivais das Pontes, que aproveitaron un despexe mal executado por parte dos boirenses para lanzar un tiro de socato que entrou na rede sen que ninguén puidese detelo. O canonazo de David Echevarri non amedrentou os ánimos do conxunto de Casalderrey, que non deixou de crear oportunidades que non acabaron de materializarse.

O seu xeito de presionar ao rival, que nada máis conseguir o primeiro acerto se replegó ao redor da portería, foi dominar no xogo táctico, atacando pola banda e buscando remates que desen liberdade de movemento aos dianteiros.

Os veciños de Boiro que se trasladaron ata Barraña viviron momentos de verdadeira tensión nos que parecía que a pelota estaba a piques de entrar na rede. Un foi o tiro ao traveseiro de Juanma Blanco , que a pesar da súa puntería non logrou satisfacer o desexo dos asistentes. Outro deses instantes de esperanza protagonizouno José Gregorio Santorum, mais nesta ocasión a pelota tamén acabou rebotando na parte superior da portería.

Victoria dos pequenos

O toque especial da xornada puxérono os pequenos da categoría de prebenjamines B, que foron recibidos entre aclamacións no campo do Boiro despois de converterse nos campións da súa categoría.

Para animalos, o público lanzou ovacións e fixo soar bombos á vez que os xogadores máis veteranos sacábanos ao céspede da man para sacarse unha foto de equipo.