Laura Santos correrá o domingo a Copa de Europa de Campo a través por clubs

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Laura Santos, en el primer cajón del podio en el campeonato autonómico.
Laura Santos, no primeiro caixón do podio no campionato autonómico. CEDIDA

A atleta pobrense proclamouse en xaneiro campioa galega desta modalidade

23 feb 2024 . Actualizado ás 10:54 h.

A atleta pobrense Laura Santos non para e este domingo ten unha nova cita importante, a Copa de Europa de Campo a través por clubs, que correrá co seu equipo, o Praias de Castelló. Nesta modalidade, a barbancesa conseguiu o título galego na proba realizada a comezos de ano en Ribadavia, impóndose con claridade aos seus rivais.

O Praias de Castelló é o vixente campión da copa continental e Laura Santos apunta que «o obxectivo é revalidar o título. Teño moitas ganas de disputar esta proba».

A carreira desenvolverase na cidade lusa de Albufeira e a proba sénior feminina comezará ás 11.05, hora local.