«Me too»

José Antonio Ventoso VIDA DESDE FÓRA

BARBANZA

RC CELTA

27 nov 2023 . Actualizado á 05:00 h.

A liga está dominada por opinadores desexosos de incidir no partido. No fútbol, a presión enfermiza dos comentaristas, moitos deles a salario da maioría sociolóxica que domina Madrid, levoulles a retorcer de tal xeito os códigos que rexen os partidos mediante o coñecido regulamento, que calquera encontro é máis complexo que un xuízo no Supremo. Envexosos de que o fútbol sexa un deporte marabilloso no que eles non puideron participar, se esfuerzan en facer que o odiemos, retorcendo as interpretacións e conseguindo que os árbitros as empreguen como o seu abecé.

O caso do Celta é paradigmático; róubanlle o partido contra o Barcelona con penalti inexistente; róubanlle o do Madrid con falta inexistente; róubanlle o dAs Palmas; e róubanlle o do Xirona nunha cantada do porteiro catalán. É curioso, cando salta o defensa e alúmalle ao dianteiro é faltita ou «penaltito», case nada; pero cando o dianteiro mete o corpo ao defensa, inmediatamente o árbitro corre a anular o gol porque é un «faltómetro».

Están a acabar co pracer de ver partidos. No baloncesto pítanse 50 persoais e ninguén di nada, no fútbol un defensa carga ao dianteiro e é «loita pola posición na zona de tensión de remate». A interpretación do regulamento chegou ata o ridículo de que cando un dianteiro ten o dedo da man esquerda, o ollo dereito ou mesmo os cordóns do pantalón fóra da liña pítase Orsay. Os opinadores apoderáronse do fútbol. Isto é perigoso, xa que permitirá aos perdedores, dun ou outra cor, negarse a dar o consentimento da derrota.