Lara Iglesias quedou a un metro da marca galega de lanzamento de xavelina sub-18

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

O Atletismo Barbanza acudiu á segunda xornada das Series Municipais en Balaídos e logrou grandes resultados

22 may 2023 . Actualizado ás 14:04 h.

O Atletismo Barbanza estivo moi ben representado na segunda xornada das Series Municipais en pítalas de Balaídos. Lara Iglesias venceu en lanzamento de xavelina sub-18 quedándose a menos dun metro da marca galega da categoría.

Tamén destacou Fabián Vidal, gañando no mesmo apartado as probas de 100 e 400 metros libres. Ademais, Eva Fernández, Valeria Buceta, Antía Alcalde, Lorena Saborido, Sergio González e Eloi Vázquez morderon medallas en diversas disciplinas. Destacadas foron tamén as actuacións de Alejandra Fernández e Hugo Sampedro.