Triunfos para Arroases e Lalín no torneo Vila de Boiro

ribeira

BARBANZA

DANI GESTOSO

En veteranos, a primeira posición ocupouna o Pementos Rugby Unión

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O areal de Barraña acolleu a celebración do torneo internacional de rugby praia Vila de Boiro, no que participaron 300 deportistas entre as diferentes categorías. No apartado masculino, a vitoria foi para os Arroases, que estiveron acompañados no podio por Lambelatas e Caldas dá Rainha. Na competición feminina, a vitoria foi para o Lalín Abellonas RC, mentres o Team Rucket acabou o torneo segundo e o Macabi, terceiro. En veteranos, a primeira posición ocupouna o Pementos Rugby Unión. foto dani gestoso