Entrega de trofeos

La Voz

BARBANZA

cedida

Colofón á regata Distribunosa

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O presidente do Club Náutico de Rianxo, Elisardo Fernández; o xerente de Distribunosa, Manuel Castaño; o rexedor local, Adolfo Muíños; a secretaria xeral de Deportes, Marta Míguez; e o patrón maior da confraría, Miguel Iglesias , foron os encargados de entregar os trofeos da regata Distribunosa, disputada a pasada fin de semana en augas da ría arousá. Unha embarcación local, Sarandrea, de Chicho Barbanzán, gañou na categoría cruceiro.