Lonxa de Ribeira escríbese con b

ribeira / a voz

BARBANZA

Un operario se encargó de reemplazar la v de la discordia.
Un operario encargouse de substituír a v da discordia. C.< queijeiro / span>

O BNG acusou a Portos de incumprir a lei para satisfacer ao equipo de goberno

04 dic 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

O topónimo da capital barbancesa sobreimpresionado na lonxa de Ribeira escríbese desde onte con b, tal e como establece a normativa lingüística aprobada pola Xunta. Un operario, a instancias de Portos de Galicia, foi o encargado de substituír, durante a tarde, a v pola regulamentaria b.

O feito de que o topónimo figurase escrito con v na fachada do inmoble fora denunciado polo BNG ribeirense, que acusou a Portos de incumprir a lei para satisfacer ao equipo de goberno, xa que o executivo local escribe Ribeira con v tanto na sinalización viaria como na documentación oficial que emite. Os nacionalistas, que non estaban dispostos a permitir que a v usurpase o espazo da b, instaron tanto ao organismo autonómico como, ao Concello e á Secretaría Xeral de Política Lingüística que se rotulase o inmoble conforme á normativa vixente.