Os semáforos de San Miguel volven estar apagados, tamén en festas

La Voz VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O PSOE acusa o goberno local de «desidia» e pide que se emende o problema

02 may 2024 . Actualizado ás 12:40 h.

O grupo municipal de Vilanova denuncia que os semáforos da PO-549 á altura de San Miguel non funcionan e pide ao Concello que tome medidas para emendar esta situación polo perigo que iso comporta «antes de que haxa unha desgraza neste cruce».

Os socialistas acusan o goberno local de «desidia» xa que hai meses que os semáforos non funcionan, sosteñen. «E que non hai ningún concejal de San Miguel do grupo popular?».

Os socialistas din facerse eco do malestar veciñal que crece estes días por mor da celebración das festas patronais na parroquia. Mañá arrincan as verbenas coas orquestras O Combo Dominicano e Lume e seguen o sábado e o domingo con América de Vigo, Galilea e París de Noia.