Meaño e Meis acollen senllos concertos de corais

La Voz MEAÑO / MEIS / LA VOZ

MEIS

Será a partir das sete da tarde do sábado

10 novs 2023 . Actualizado ás 16:52 h.

O auditorio municipal de Meis acolle este sábado o XIV Encontro de Corais, ás 19 horas, coa participación das cores Voces Amigas de Moraña, A Lembranza de Sada, Rondalla de Cariño e Xuntanza de Meis.

A música coral tamén soará mañá, a partir das sete, na casa da cultura de Meaño cun concerto no que actuarán as corais Abrente da Pobra, San Mamede de Barro e San Xoán de Meaño. Estas actividades contan coa colaboración dos respectivos concellos.