Descubrindo aves en Ou Carreirón

La Voz

A ILLA DE AROUSA

Alumnos da Illa realizan unha saída ao espazo natural

07 abr 2016 . Actualizado á 05:00 h.

Un grupo de alumnos do instituto da Illa tiveron onte unha clase de natureza en plena natureza. Primeiro prepararon a teoría, cunha charla sobre aves impartida por Juan Rodríguez e Antonio Sandoval, e despois puxeron rumbo a Ou Carreirón para participar nunha clase práctica de avistamento de aves, que neste espazo son abundantes. E onte non fallaron á cita. Os alumnos viron moitas e variadas especies.