O campión Vilalonga recibe o seu trofeo e o corredor de honra

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol fíxolle entrega da súa copa e o Céltiga cumpriu coa tradición á saída do once titular celeste no seu derbi no Novo San Pedro

13 may 2024 . Actualizado á 20:06 h.

Era o último partido de Liga do Vilalonga na casa en Preferente e a Real Federación Galega de Fútbol non quixo deixar pasar a ocasión. O seu presidente, Rafael Louzán, desprazouse onte ao Novo San Pedro para facer entrega ao capitán celeste, Nico, e ao mandatario do club, Marcelo Muñiz, do título que acredita ao Vilalonga como campión de Liga 2023/24 do Grupo Sur. Foi antes do partido da penúltima xornada, fronte a un Céltiga que tras facer o corredor de honra ao seu anfitrión, buscou o triunfo confiando en poder certificar tamén o seu ascenso. O seu 0-1 non lle bastou polas vitorias tamén do Choco e Valladares.