O Umia desbórdase nas Aceñas

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso REDACCIÓN / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Os servizos de urxencias tiveron que retirar árbores e ramas caídos

04 may 2024 . Actualizado ás 19:35 h.

O temporal de vento e choiva que azoutou Arousa mantivo ocupados aos servizos de urxencias, que durante toda a mañá tiveron que estar a atender avisos pola caída de ramas e árbores sobre a vía pública. A maiores, a Xunta activou o plan de inundacións por choivas. No Salnés, o Umia comezou a sufrir os efectos do temporal e nas Aceñas, municipio de Vilanova, xa había pequenas inundacións

Os Bombeiros do Salnés tiveron que retirar un poste telefónico que caera sobre unha pista na parroquia de Lois, en Ribadumia. Ao parecer, atopábase en mal estado, polo que veu abaixo. Por fortuna caeu simplemente sobre o viario, sen causar maiores danos. Os operarios procederon á súa retirada e á limpeza do viario. Tamén os traballadores do servizo de urxencias de Vilagarcía tiveron unha mañá intensa, na que houbo unha infinidade de avisos para retirar ramas e árbores caídas, ademais dalgunha que outra inundación. Pola tarde, tiveron que acudir a Carril para asegurar unha chapa que se soltou da fachada dun edificio.