Sar encherase este sábado ante o Andorra

M. G. R.

ANDAR MIUDIÑO

Sandra Alonso

O club insta aos abonados que non poidan acudir ao partido a que liberen os seus asentos

01 may 2024 . Actualizado ás 21:11 h.

A Caldeira de Sar xa ten prendida a chama para o partido deste sábado ante o Andorra. De feito, non quedan entradas á venda, salvo as que poidan liberar os abonados que non vaian acudir ao encontro.

O club insta a quen se atopen nesta situación a que poñan o seu asento a disposición dos seguidores que queiran comprar esa entrada. Poden facelo co seu nome de usuario a través da páxina web da entidade. E no caso de que sexa vendida, o titular do carné recibirá o 50 % do importe nun moedeiro virtual e poderá descontar esa cantidade do abono da próxima campaña.

No caso de liberar a entrada, se quere dar marcha atrás poderá facelo, tamén a través da páxina web, pero só no caso de que aínda non fose vendida a referida entrada.