Tommy, ópera rock

Miguel Gómez

ANDAR MIUDIÑO

Eduardo Candel Reviejo

28 abr 2024 . Actualizado ás 15:52 h.

A caprichosa máquina de pinball concedeunos dúas bólas extra coas derrotas de Breogán fronte a Baskonia e Gran Canaria, pero á terceira, cando máis dano nos facía, os lucenses gañaron en Granada. Sen marxede erro r, obrigados a un mínimo de dúas vitorias, seguramente tres e puidese ser que ata catro, tocaba xogar contra o Madrid, no WiZink, sen Mendoza e sen Timma. «A pesar» (moi entre comiñas) de que o Madrid deu minutos a Ndiaye e Alocén, os brancos arrincaron cun 6 de 7 en triplos para anotar 28 puntos no primeiro cuarto. Recorreu Moncho a unha zona, arriscando a que, nos cambios, nas rotacións, quedasen emparellados os pequenos cos interiores de Chus Mateo. A defensa freou a sangría desde o triplo e, axudados polo 2 de 10 desde o tiro libre dos locais, con bos minutos de Marek ao catro e un excelente Tommy Scrubb, o Obra logrou un parcial de 10-17 no segundo cuarto para irse ao descanso cun trabajadísimo 38-37.

O malo de que as cousas vaian mal é que aínda pode ir peor e, á escasa rotación nos postos de 4 e 5, uniuse a lesión de Guerrero despois dunha cotenada de Yabusele que os árbitros non viron como acción violenta (ejem, dejémoslo en dubidoso).

Seguiu o Obra picando pedra. Agarrado a esa defensa que obrigaba ao Madrid a buscar vantaxes cos seus interiores preto do aro e ao excelso partido de Scrubb, o marcador reflectía un 56-56 chegando ao final do terceiro cuarto. Pero os sinais empezaban a ser preocupantes. Os locais, agora si, anotaban desde o tiro libre; Thomas Scrubb cometía a súa terceira falta e Marek e Artem acusaban o desgaste de pelarse contra Ndiaye, Yabusele, Tavares e Porier. O cuarto rematou 61-56 e a situación non mellorou no arranque do último. Obrigados polos problemas na rotación a xogar con 3 pequenos (tres basees ou dúas bases e Howard) e lastrados polos paupérrimos porcentaxes de Dotson (2 de 14) e Howard (3 de 13), o Madrid estirou a vantaxe ata un 69-58 a falta de seis minutos. Devolveu Moncho a Scrubb a pista e anotou dous triplos case seguidos para pór un 71-64 a falta de catro minutos, pero, enseguida, respondeu Causeur con outro triplo e xa non houbo máis tiritas para tapar as feridas.