Timma está case descartado, Álex Suárez, Figueras e Mendoza arrastran procesos víricos

La Voz

ANDAR MIUDIÑO

XOAN A. ADOITAR

A expedición do Obradoiro viaxa este sábado a Madrid

26 abr 2024 . Actualizado ás 19:35 h.

Moncho Fernández ten dúas baixas seguras para visitar ao Real Madrid, unha moi probable e tres dubidas. O capitán Álvaro Muñoz dixo adeus á tempada e o base Kovliar segue no dique seco despois dun mes.

Janis Timma, que a semana pasada xa non viaxou a Bilbao, probablemente tampouco entre na expedición que se desprazará a Madrid. Segue con molestias nas costas e na sesión do venres só puido participar no quecemento. Álex Suárez, Pol Figueras e Mendoza víronse afectados por un proceso vírico, pero o técnico confía en que poidan ser da partida.