Só na escuridade

Miguel Gómez O ESCÁNER

ANDAR MIUDIÑO

Pascu Mendez

16 mares 2024 . Actualizado ás 23:39 h.

Espertoume o espírito de Audrey Hepburn ataviado coa camiseta inmaculada de David Barlow a modo camisón: «Acompaña ao equipo». Nove horas de coche despois, cheguei a Murcia. Non estivera nunca e lembroume a Oklahoma. Comín con calma e fun con tempo ao pavillón. Deume a impresión de que a luz era escasa. Por tal motivo, pola defensa local ou por deméritos propios, o Obra empezou moi errático e, hai que recoñecerllo, mantivo a regularidade case todo o partido. Un omnipresente Kurucs (ah, que eran dous) deulle a primeira vantaxe importante a Murcia. Thomas seguía gris como a luz do pavillón e Timma demostrou a súa polivalencia achegando o mesmo no catro, no tres e no banco.

Por se algún optimista agardaba algún tipo de reacción tras o descanso, o terceiro cuarto empezou cun parcial de 5-0 para UCAM. Moncho pediu tempo e, non se como, logrou conterse para evitar ser o primeiro galardoado en verse obrigado a devolver o premio Serenidade. Cunha zona e un par de arreones de Howard e Mendoza, minimizáronse danos. Pero a vantaxe local mantíñase en 17 puntos. Despois de iniciar o último cuarto cunha xogada de 6 puntos e recuperar balón, a surrealista xogada de Kovliar reflectiu o que está a ser toda a tempada. Outras nove horas de coche para chegar a casa rebentado. Agardábame o espírito de Audrey Hepburn ataviado coa camiseta de Marco Filipovity: «Había que ir».