Sito Alonso recea da clasificación e non quere confianzas

ANDAR MIUDIÑO

Sandra Alonso

O adestrador do Murcia garda un bo recordo de Artem Pustovyi

15 mares 2024 . Actualizado ás 19:36 h.

O Murcia está ante unha nova oportunidade de asinar a súa quinta vitoria consecutiva na ACB e igualar o mellor rexistro do club ata a data, que remite á etapa de Katsikaris no banco. Ademais, se a consegue, acadará os dezaseis partidos gañados na que ata a data é a mellor tempada de Sito Alonso no conxunto pimentonero. O Monbus Obradoiro intentará romper unha serie de nove derrotas consecutivas.

O contexto que envolve a contenda é favorable aos locais, pero o adestrador non quere confianzas e recea da clasificación dos santiagueses: «Están facendo un traballo moi bo, reforzando ao equipo e xogando partidos a un nivel competitivo bo. No último non tanto, pero porque Valencia, o rival, tamén xoga, e fíxoo a moi bo nivel. Queda moita Liga aínda e cada partido que teñen é vital. Pero saben manexarse perfectamente neste tipo de situacións, polo que é un partido dificilísimo».

Garante que os seus discípulos non van levantar o pé do acelerador: «Nós imos prepararnos como sempre. Sabemos o nivel competitivo que temos que mostrar para sentirnos a gusto coas cousas que estamos a facer. Non vai ser doado ningún partido dos que quedan. Así que non hai máis que ser súper competitivos».

Sito Alonso tamén tivo palabras para Pustovyi, que a pasada campaña xogou ás súas ordes: «O mellor rendemento que obtivo Artem é no Monbus Obradoiro. Creo que o coñecen moi ben, creo que Moncho e os seus axudantes fan un traballo fantástico cos homes grandes, non só con Pustovy. El séntese moi identificado o proxecto e é unha peza fundamental. E nós estamos súper contentos de que a Artem lle vaia o mellor posible, porque aquí deixou moi bo recordo como presenta e como xogador