O programa Adral en Viveiro continúa con Sar Ensamble de Santiago de Compostela o venres e un xornada de marionetas o sábado

e. g. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

XAIME RAMALLAL

06 mares 2024 . Actualizado ás 13:35 h.

O programa de actividades e difusión cultural da Semana Santa Adral continúa en Viveiro esta fin de semana, coas seguintes propostas para todos os públicos, pero una delas pensando especialmente nos máis pequenos da casa. Este venres, en primeiro lugar, ás 20.30 horas na igrexa de San Francisco, haberá concerto a cargo de Sar Ensamble de Santiago de Compostela, interpretado polo organista da Catedral de Santiago Adrián Regueiro, con Ana Pazos (cornetto) e Mariola Gongar (mezzosoprano). Tocará o órgano do templo viveirense, «sendo algo entrañable para os viveirenses, para uns como algo insólito e para outros un belo recordo», salienta a portavoz da Xunta de Confrarías, Maricarmen López.

O sábado, ademais, dentro de Adral levará a cabo unha xornada de marionetas. Será ás 18.30 horas no Salón de Actos do Conservatorio de Música, coa actuación dos Monicreques Renata e Leopoldo Valiván, presentando Relatos de Paixón.