Fixadas as datas do levantamento de actas de expropiación para o parque eólico Airas, entre Alfoz e Mondoñedo

La Voz

ALFOZ

Parque eólico Pena Ventosa, entre O Vicedo y Ourol (imagen de archivo)
Parque eólico Pena Ventosa, entre O Vicedo e Ourol (imaxe de arquivo) PEPA LOSADA

Será o 13 e o 14 de maio, con 24 propietarios de parcelas cos que non se chegou a acordo

23 mares 2024 . Actualizado ás 09:57 h.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o pasado venres o anuncio do levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica parque eólico Airas, nos municipios de Alfoz  e de Mondoñedo .

O parque eólico, promovido por Fergo-Galicia Vento Alfoz, S. L., foi declarado de utilidade pública o 28 de decembro do 2023 polo Consello da Xunta. A xefatura territorial do Goberno autonómico convoca, de acordo coa Lei de Expropiación forzosa, ás persoas propietarias afectadas coas que non se chegou a un acordo. Chámaselles a comparecer os días 13 e 14 de maio no consistorio, para levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

No documento, a Xunta cita a 24 propietarios de parcelas en Coto Redondo, Campo de Vixín, Pedrouzo, Pico Grande, Pena do Boi e Fraga Vella, todas en Alfoz.

Os interesados poderán formular alegacións por escrito na xefatura territorial de Lugo da Xunta ata o momento do levantamento das actas previas.