Alfoz, concello de centenarias: Ramona Cortiñas cumpriu 101 anos rodeada da súa familia

M.C. ALFOZ / LA VOZ

ALFOZ

Cedida

Veciños e representantes municipais festexaron este domingo o aniversario doutra das súas veciñas máis veteranas

26 feb 2024 . Actualizado ás 09:49 h.

Alfoz é terra de centenarios, principalmente de centenarias, como demostran as últimas celebracións das que o Concello informa puntualmente e que teñen como protagonistas aos veciños máis veteranos do municipio.

A última foi Ramona Cortiñas López, que este domingo celebrou 101 anos rodeada da súa familia na súa casa do Pereiro.

A alcaldesa Efigenia Maseda, acompañada polo concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, en calidade de representantes do Concello, desprazáronse ao seu domicilio e obsequiáronlle con unha cesta de diferentes produtos e plantas. «Dá gusto felicitar a unha veciña con tanta experiencia na vida e vela rodeada da súa familia», manifestou a rexedora.