Os 101 anos da alfocesa Carmen Marrube

La Voz ALFOZ / LA VOZ

ALFOZ

Cedida

A centenaria festexou o seu aniversario coa súa familia e coa visita de representantes municipais

18 dic 2023 . Actualizado ás 09:32 h.

Carmen Marrube Otero celebrou este domingo o seu 101 aniversario. Á festa no seu domicilio en Carballido, no municipio de Alfoz, non faltaron os seus parentes nin tampouco varios representantes municipais.

A alcaldesa alfocesa Efigenia Maseda e o concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, acudiron a felicitar a Carmen e, en nome do Concello, obsequiárona cunha cesta de produtos e de flores.

«É un luxo poder pasar un tempo agradable cunha veciña como Carmen nun día tan especial e vela en bo estado de saúde e humor, arroupada pola súa familia», manifestou a rexedora.