Axuda ó enfermo mental e Aspanane colaboran nunha obra artística de Eduardo de Martíns no Museo do Pobo Galego

Lucía Rey
Lucía Rey VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

Detalla da instalación artística de Galicia Latente, de Eduardo de Martíns
Detalla dá instalación artística de Galicia Latente, de Eduardo de Martíns CEDIDA

O proxecto «A Galicia do presente» forma parte da iniciativa «Galicia Latente»

11 may 2024 . Actualizado ás 17:04 h.

A Asociación de axuda ó enfermo mental A Mariña (Adaoemam), Aspanane (Viveiro), a Asociación de redeiras Illa da Estrela (Corme) e a Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro), que preside Luzía Oca, veciña de Viveiro, colaboran la instalación artística «A Galicia do presente», que acollerá o Museo do Pobo Galego a partir deste martes, 14 de maio, dentro do proxecto Galicia Latente, iniciativa do fotógrafo Eduardo de Martís.

Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente. Así mesmo propón unha visión holística dende onde visibilizar os retos e oportunidades que nos están a conformar. O proxecto ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica

da cultura galega, e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado por De Martís e componse de 221 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos.

A obra a inaugurar en Santiago está composta por 3 pezas centrais que dan soporte a unha escolma de fotografías pertencentes ao estudo. Nesta acción divulgativa poderanse ver iconas da cultura galega contextualizadas nunha reflexión que abrangue retos e oportunidades que estamos a vivir na Galicia. A proposta tamén alenta a repensar os valores de todos nós como sociedade; a identidade, a multiculturalidade, o legado, o porvir, as diversidades ou a demografía. Á inauguración asistirán a zoqueira Elena Ferro, a chef Lucía Freitas, a ilustradora Iria Ribademar e a artesá Sandra Vilas.