Localizada en Portugal a muller de Ribadeo de 49 anos da que non se tiña noticia desde o 24 de decembro

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MariÑA

GARDA CIVIL

A asociación SOS Desaparecidos confírmao, a Garda Civil confirmouno nos movementos bancarios; está ben, queda arquivada xa que logo a denuncia

04 may 2024 . Actualizado ás 18:04 h.

A asociación SOS Desaparecidos informa na súa páxina web que a muller de Ribadeo , N.M.C., de 49 anos de idade, foi localizada. Non ofrece máis datos. A Garda Civil localizouna en Portugal; abriuse unha investigación porque non se tiña noticia dela desde finais de decembro do ano pasado, concretamente desde o 24 de decembro. Cando transcendeu a noticia a través da publicación de SOS Desaparecidos, a Garda Civil tamén confirmou que había unha denuncia presentada no seu día pola familia de Nuria M.C., que agora queda xa arquivada. Foi localizada polos movementos bancarios e está ben; enténdese que pola súa propia vontade. Xa que logo non hai xa caso.

A asociación SOS Desaparecidos divulgaba polas redes o caso desta muller desaparecida en Ribadeo, pertencente a unha coñecida familia hostaleira da localidade, como fai habitualmente con todos os casos denunciados de desaparición, achegando teléfonos de contacto.