O Ribadeo volve caer na súa visita ao Miño (1-0)

La Voz

A MariÑA

xaime ramallal

Un gol de Ipi ao fío do descanso condenou ao equipo mariñán

18 feb 2024 . Actualizado ás 20:21 h.

A melloría do Ribadeo sufriu unha freada na visita ao Miño. O cadro mariñán entrou adormentado ao partido e pagouno ao fío do descanso no erro en cadea que propiciou un man a man que Ipi non perdoou ante Carreira.

Na segunda parte, os mariñáns deron un paso á fronte, pero apenas lograron crear oportunidades de gol nun duelo trabado, pechado e onde acabaron desesperados polo raserop arbitral.

AD MIÑO, 1: Javi García; Vilela, Carneiro, Martín, David Paxaro (Damián, min 72), Kevin Stiven, Pablo Domingo, Ipi (Yago Miño, min 56), Astray, Herguedas e Roberto Piñeiro (Cobo, min 56).

RIBADEO FC, 0: Carreira; Álex Guntín, Xairo, Xaime (Nuno, min 81), Santi (Ayoub, min 78), Álex Meitín, Iván Rodríguez (Diego Ferreiro, min 67), Vicente, Pablo Castrín, Matías e Simón.

GOLES: 1-0, min 41: Ipi.

ÁRBITRO: García Mosquera (A Coruña). Expulsou con dobre amarela ao visitante Vicente, co partido rematado. Tamén amoestou a Martín e, polo Ribadeo, a Santi, Iván Rodríguez, Xaime, Diego Ferreiro e Ayoub.

INCIDENCIAS: Disputado no Municipal Gamallo.