O sábado arrinca en Lourenzá o V Certame de Teatro Afeccionado, con nove obras a representar

e. g. RIBADEO \ LA VOZ

A MariÑA

I. VALERIO

Compañas de distintos recunchos de Galicia actuarán ao longo de novembro

31 oct 2023 . Actualizado ás 17:32 h.

Serán nove as obras que se representen no V Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, sumando a do día final de entrega de premios. O concurso laurentino arrincará este sábado 4, con óbraa «Arte» de Hipócrita Teatro de Lugo, seguirá ao día seguinte domingo 5 con «Pan con chocolate» de Ollomao de Barreiros, o 10 «O Randiña» do Torques de Burela, o 11 «Atraco non banco» da Asociación Teatral Alxén de Salvaterra, o 17 «Herdarás o cosmos» de Anómico Teatro de Vigo, o 19 «Moito ruído e poucas noces» de Carauta de Santiago, o 25 «Vos veciños do lado» de Fauna 113 de Vigo e o 26, «Unha voda insospeitada» de Coles Teatro, de Coles en Ourense. Na gala de premios, o 16 de decembro, Ítaca Teatro representará «Anacos». A programación foi presentada recentemente polo edil de Cultura, Manuel Arango Ron.