Arcadio Mon presentará este xoves en Foz o disco "Sen seu amor"

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA FOZ / LA VOZ

A MariÑA

Edítao a Fundación TIC da Deputación de Lugo e é o seu traballo máis persoal, con letras propias pero temas nos que puxo música a poemas de Manuel María

18 dic 2012 . Actualizado ás 16:36 h.

Como compositor e cantautor, Arcadio Mon mostrará o seu traballo máis personalizado este xoves na Casa de Cultura de Foz a partir das seis da tarde. Titúlase "Sen seu amor" e é un cedé no que ademais de composicións propias ha musicalizado, por exemplo, versos que Manuel María dedicou a Foz. O traballo está editado pola Fundación TIC da Deputación Provincial de Lugo. Á presentación acudirán representantes do ente provincial, xunto ao poeta, escritor e promotor teatral Francisco Piñeiro e o Cronista Oficial de Foz Suso Fernández.