Tras a recente celebración do Día do Libro, o escritor Xosé Neira Vilas realizou onte unha serie de visitas a alumnos mariñáns. No IES Perdouro, organizada pola Asociación Cultural Vos Matos, coñeceu en persoa a Matías Nicieza, autor do audiovisual do Modelo Burela que o autor descubriu na Feira do Libro de Foz, e mantivo un encontro co alumnado do centro e, máis tarde, unha comida de confraternidade con estudantes e profesores. No IES Monte Castelo inaugurou, como explicaron desde o centro, «cun primeiro parágrafo a historia aberta» deste instituto.
Despois tamén tiña previsto recalar no Ceip de Cervo, asinando exemplares das súas obras aos seus máis mozos lectores. Debido á súa visita, a Biblioteca Pública de Burela abriu unha exposición sobre a súa obra.