Entre texturas anda o xogo

Coiro, vaqueiro, pel, pelo, ante, punto, abelorios... A bloguera Trendy Taste aposta pola mestura de tecidos para este outono e demóstranolo con tres propostas de looks diferentes. Na súa primeira elección loce camisa vaqueira e saia de táboas, ambas as de Easy Wear, botíns de Gloria Ortiz e bolso de pel de serpe de Easy Wear; no seu segundo look, pantalón de Tintoretto, xersei gris de Easy Wear, abrigo de pelo de Fórmula Nova e botíns marróns, tamén de Fórmula Nova; e no terceiro estilismo aposta por unha saia de abelorios de Tintoretto, unha blazer negra de Fórmula Nova, uns botíns negros Latouche e un pescozo de pelo de Tintoretto