Así rompeu a urna no Concello de Poio

Foi unha das anécdotas da xornada de investiduras. Tras votar os concelleiros do PP de Poio, a urna rompeu. Tras uns instantes de sorprersa e unha vez liquidado o incidente, o alcalde Luciano Sobral non o dubidou e revisou o voto que ía introducir na urna non fóra a ser que se confundise. E é que en Poio, un concelleiro inclinaría a balanza cara a un lado ou cara a outro.

16 jun 2019 . Actualizado ás 11:11 h.