Unha familia de patos na Audiencia de Pontevedra

Unha familia de patos paseábanse pola calzada das rúas contiguas á Audiencia de Pontevedra causando problemas na circulación do tráfico. Varios condutores avisaron á Policía Municipal, que non acudiu, polo que os axentes de de Policía Nacional destacados na Audiencia de Pontevedra para o xuízo de Lito o rei das orquestras decidiron intervir ata que conseguiron levar aos patitos e os seus pais sans e salvos ata a beira do río Gafos

02 abr 2019 . Actualizado ás 12:00 h.